Rehabilitación dun casarío en Bizkaia
BASERRI 2 IRMÁNS 2023 Os propietarios deste baserri son dous irmáns que querían habitalo conxuntamente, pero de xeito distinto. Un deles pretendía facer da casa o lugar de residencia habitual da súa familia e tamén o seu taller de traballo, mentres que o outro irmán quería simplemente ter unha segunda residencia para xuntanzas familiares, fins […]
Rehabilitación para a creación de vivendas de emerxencia social en Ponteareas
CASAS DOS MESTRES 2023 No Concello de Ponteareas existen oito vivendas en ringleira dun modelo semellante aos que existen en numerosos concellos da provincia de Pontevedra. Estas vivendas foron creadas nas vilas da provincia para dar resposta á necesidade de albergar aos mestres preto dos colexios onde eran destinados. Neste caso, estas vivendas son lindeiras […]
Vivenda unifamiliar en Fresno el Viejo
CASA NA VILA 2018 Os promotores desta obra vivían na cidade e buscaban renovar e ampliar a súa antiga casa da vila coa idea de utilizala en fins de semanas e vacacións, para descansar e para reunir a familia na casa de toda a vida. O estado da antiga edificación, construída a finais do S.XIX, […]
Proxecto de Execución e Dirección de Obra de vivenda unifamiliar en Nigrán
CASA 2 FAMILIAS 2021 Dúas familias, cada unha de 4 membros, decidiron convivir xuntas nunha mesma vivenda. Para iso contrataron á empresa de carpintería artesanal Casabío, empresa galega de bioconstrucción especializada na construción en madeira e encabezada polo Mestre Carpinteiro Luis Méndez, coa idea de construír o seu novo fogar dende as premisas fundamentais da […]
Reforma de Piso en Coruña
PISO DO NÓ 2020 Esta vivenda pertence a un dos máis altos rañaceos da Coruña e, como resultado de estar nun dos andares altos do edificio, conta cunhas magníficas vistas sobre a Ría da Coruña. A reforma buscou que estas vistas se puideran desfrutar dende a maior superficie posible do piso e, para iso, foi […]
Reforma de piso en Santiago de Compostela
PISO VANESA & ANDRÉS 2019 Este piso está situado no sexto andar dun gran edificio do ensanche de Santiago de Compostela. Localizada nunha esquina cara unha praza, esta vivenda desfruta de numerosas horas de luz ao día. A pesares desta situación privilexiada, a distribución interior é tan pechada que partes importantes da zona de día […]
Reforma de piso en A Coruña
PISO LETICIA & IVÁN 2019 A reforma deste piso tivo unha situación de partida ideal. Unha vivenda pertencente á torre máis alta da Coruña e que conta cunha cantidade tal de fiestras na súa fachada que lle permite desfrutar dunhas vistas panorámicas de toda a cidade (dende o monte de San Pedro ata o interior […]
Reforma de Piso en Vigo
PISO CRISTINA & JORGE 2018 Este piso localízase no centro da cidade de Vigo, nunha rúa con todos os servizos, pero tamén con todo o barullo e o tráfico a iso asociado. Tendo en conta que o andar no que se sitúa a vivenda é un primeiro e que inmediatamente debaixo teñen un bar, os […]
Reforma de Ático en Vigo
PISO ADRIÁN 2017 O piso obxecto desta reforma sitúase na parte alta do Casco Histórico da cidade de Vigo, cunha orientación que permite desfrutar dunhas magníficas vistas á ría ao mesmo tempo que aproveita a luz do sol as máximas horas posibles cada día. A reforma busca ampliar o espazo e dotalo tamén no interior da luminosidade […]