Colectivo NOZ foi creado no ano 2013 en A Coruña.
Nos inicios foi concibido como unha ferramenta coa que varios amigos formados na ETSAC (e que nos atopábamos nese punto entre o fin de carreira e os inicios da vida laboral), puidéramos aprender e exercer a profesión como si dunhas prácticas autorremuneradas se tratasen.
Co tempo, Colectivo NOZ foise conformando como un estudio de arquitectura consolidado composto na actualidade polos seguintes compañeiros:
• Brais González Alonso
• Javier García Moro
• Federico García Gil
Pensamos na nosa profesión como un traballo cooperativo, polo que en todos os procesos que comezamos tratamos de involucrar a distintos colaboradores segundo marquen as características do proxecto, e así dar unha resposta sempre completa ao cliente.