Somos un equipo que nos involucramos ao máximo en todo o desenvolvemento do proxecto, dende os primeiros esbozos ata a entrega das chaves, definindo todos os detalles para unha correcta execución. Todo dende a colaboración estreita e a comunicación fluída co cliente, como participe clave en tódalas fases do proxecto.
Traballamos todo tipo de proxectos de obra nova, rehabilitación e reforma. Levamos a dirección de obra de maneira seria e responsable, sempre defendendo o interese do noso cliente.
Proxectamos, construímos e rehabilitamos buscando a máxima eficiencia enerxética. Entendemos que este é o camiño cara un territorio máis sostible e xusto, onde o noso impacto sexa menor, e a poboación non viva situacións de pobreza enerxética.
Temos experiencia en traballar para a administración pública en cuestións de planificación e desenvolvemento de estratexias urbanas. Redactamos memorias para que os concellos podan solicitar a declaración de Áreas de Rehabilitación Integral e Áreas REXURBE ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo, axudando a renovación urbana e rehabilitación do parque edificatoria desas áreas.
Elaboramos as follas de ruta que sirvan aos concellos para unha renovación urbana, edificatoria e social dende unha perspectiva integral.
Realizamos proxectos de reformas do espazo público, onde priorizamos a recuperación da rúa para as persoas.
Consideramos importante axudar ao cliente no coñecemento da súa vivenda, na busca de patoloxías e posibles medidas de mellora dunha propiedade. Facemos certificacións enerxéticas e informes de avaliación de edificios. Nunca como mero trámite, senón a conciencia coa idea de coñecer o estado real dunha vivenda ou edificio.
Realizamos todo tipo de ditames, informes, valoracións e certificacións. Asesoramos e acompañamos aos nosos clientes á hora de tratar coa administración pública. Traballamos arreo na defensa dos seus intereses.