2018
Este stand de 10x10m. para o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de España (MAPAMA) está proxectado de cortiza, un material de construción cunha longa tradición en España.
O deseño é facilmente transformable para os tamaños e arranxos máis comúns nas feiras, ademais de proporcionar unha sala de exposición de alta calidade para a exhibición de produtos agrícolas e alimentarios nacionais.
A disposición espacial do stand foi concibida para maximizar a visibilidade dos logotipos e emblemas nunha típica feira de exposicións; a iluminación, a colocación dos produtos exhibidos e as circulacións do persoal de apoio foron tratados con moito mimo durante o proceso de deseño.
Colaborador:
Paco García Moro. Arquitecto.