Free cookie consent management tool by TermsFeed

Recreación dun campo de refuxiados en A Coruña

REDE ACAMPA

2019

ACAMPA POLA PAZ E O DEREITO AO REFUXIO é unha iniciativa cidadá que ten como obxectivo a defensa dos Dereitos Humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito a Refuxio. A través da REDE ACAMPA desenvolven accións para entender mellor as verdadeiras causas das guerras, dos conflitos, e dos efectos que o espolio de recursos e a avaricia do capitalismo máis atroz ten sobre a vida de millóns de persoas.

Anualmente faise na Coruña un Encontro Internacional onde, ademais de actividades, exposicións, conferencias e coloquios, constrúen a recreación dun campo de refuxiados coa intención de achegar ao visitante a sensación o máis similar posible ao que é sobrevivir diariamente nun campo de refuxiados real.

No ano 2019, Colectivo NOZ coordinou o equipo de infraestruturas, deseñando e participando da construción dunha recreación do Campo de Refuxiados de Kutupalong de Bangladesh. Este campo, creado no ano 1992, é dende o ano 2017 o máis grande do mundo, e conta cunha poboación de, segundo ACNUR en 2019, ata 912.373 refuxiados repartidos en 27 campos agrupados baixo o nome de Kutupalong. A maior parte dos refuxiados do campo, uns 620.000 segundo Médicos sen Fronteiras, son rohingyas que fuxen da persecución aos musulmáns de Birmania.

Esta recreación contiña ademais unha exposición na cal colaboramos na súa planificación e na que se intentou mostrar como é o día a día nese campo onde malvive tanta poboación nunhas condicións de escaseza de auga, insalubridade e inseguridade, especialmente no caso das mulleres e das nenas, tanto no espazo público, como nos precarias ‘vivendas’ onde, ademais da falta dos mínimos servizos, as mulleres levan toda a carga do traballo diario. A recreación do campo e a súa exposición puideron ser percorridas durante todo o encontro mediante visitas guiadas.

Colaborador:
Pedro Abad Vidal.
Suso Montero.

Construtora:
Desarrolla.

Fotografía:
Suso Montero.