Free cookie consent management tool by TermsFeed

Restauración de fachada dun local comercial en A Coruña

LOCAL SÁNCHEZ BREGUA

2020

Intervención na fachada do local comercial e a porta de entrada dun edificio pertencente ao ámbito de protección do Camiño de Santiago Inglés.

O local fora obxecto dunha reforma nos anos 90 para a instalación dunha sucursal bancaria o que supuxo a perda dos ritmos orixinais dos ocos, derivando en dúas consecuencias fundamentais: a perda da uniformidade da fachada do edificio (e da relación deste coa contorna) e a perda da entrada de luz no local pola estrutura en voladizo para cartelería.

Formulouse unha proposta que rompera esta dinámica, recuperando o ritmo orixinal de tres ocos e utilizando os materiais orixinais. Interprétase a fachada orixinal, de tal xeito que o novo que se constrúe relaciónase e a mesma vez se diferencia das preexistencias.

A existencia dunha enorme viga de sustentación da fachada, instalada na reforma previa para ter un único gran oco para a sucursal bancaria, impide a recuperación dos antigos arcos á súa posición orixinal. Por este motivo decídese realizar os novos ocos sen arco o que acentúa aínda máis a diferencian entre o novo e o preexistente.

Con este traballo cumprimos co obxectivo fundamental que non foi outro que reformar a fachada do local facéndoo máis visible e atractivo dende o exterior e á vez respectar a identidade do edificio, os materiais e a xeometría e, polo tanto, respectando o seu valor patrimonial.